GNU/Linux galego

Un sistema operativo con as catro liberdades

Información

Tradución

Tradución programas libres e Rede 2.0 (Web 2.0)

Membros 4
Última actividade: 4 Nov 2009

Foro de debate

Comezar unha discusión

Aínda non se engadiron debates. Engade un.

Comezar unha discusión

Comentarios

Engadir un comentario

Necesitas ser un membro de Tradución para engadir comentarios!

manuel meixide Comentario por manuel meixide o novembro 4, 2009 ás 7:52pm
Ola Cesar, iso debe ser porque van engadindo novas frases... eu acabei a tradución de imo.im, e agora faltalle de novo un 20%, que son frases novas (en realidade xa está todo traducido, mais os de imo non o dan por bon mentras non é validado por vários usuários)
manuel meixide Comentario por manuel meixide o novembro 4, 2009 ás 7:48pm
Ola Xano, non sei de ningún listado de ferramentas 2.0 en galego, a maior parte das que coñezo vexo que xa as tedes controladas. Eu o que levo feito en traducións de software ou de web2.0, as veces con axuda de outros, é o que podes ver aqui: http://bagonix.wik.is/Proxectos/Traduccións
Por certo, ese wiki está feito con Deki Wiki, un software libre que podes instalar no teu servidor, ou usar un wiki gratuito hospedado nos seus servidores, como neste caso.
Cesar Pereira Gonzalez Comentario por Cesar Pereira Gonzalez o novembro 4, 2009 ás 4:02pm
A ultima vez deixeino no 37% e cando empecei habia un 35 ou asi
Xano Comentario por Xano o novembro 3, 2009 ás 3:25pm
Moi ben, Manuel, podemos concentrar aquí os esforzos.
En canto ás outras traducións, grazas e parabéns! Non coñecía algunhas, por certo, e súmoas ás recomendacións que facemos desde a campaña do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal. Sabes dalgún listado de ferramentas "web 20" en galego ou con opción galego? (Nesa debera estar tamén outbrain, a quen lle entregamos a versión en galego hai xa un tempo, pero aínda non a incorporou).
No caso de Ning, por certo, se non se remata, a plataforma non pon o galego a disposición dos usuarios que creen unha rede, polo que é importante chegar ao final e "entregala".
Apertas.
manuel meixide Comentario por manuel meixide o novembro 3, 2009 ás 10:22am
Xano, agora xa tes privilexios de administrador, asi que xa podes facer o que queiras. Non sei asi de memoria canto hai traducido, eu agora non teño tempo, parei cando a maior parte do que se ve no grupo estaba en galego. Asi que calquera colaboración, interna ou externa, asi como a fusión con outras tentativas de tradución, me parecen ben, eu o único que pretendía cando iniciei a tradución foi que o galego figurase entre as linguas dispoñibles, que non estaba. O mesmo que fixen con ipernity.com, meebo.com, imo.im, ou whylinuxisbetter.net entre outros sitios multilingües nos que faltaba o galego
manuel meixide Comentario por manuel meixide o novembro 3, 2009 ás 10:07am
Cesar, non vexo un xeito de que a rede estea en dous idiomas, a única posibilidade é facer 3 redes en paralelo, cada unha co seu idioma, e traducir todo o que se escriba en cada unha para as outras. Iso xa te vou decir que é un trballo de tolos, eu tiven un blog onde facía iso, e acabei abandonando porque é moito traballo. Por outra parte, o que aqui vamos falar non é tan complicado como para que non o entendan os castellano-falantes, e os que escriban ou falen inglés podense safar tamén cos traductores automáticos e un pouco de axuda de nosa parte. Se teu amigo polaco ou outros teñen algún problema, eu estou disposto a botar unha man. Por certo, coñezo a un arqueologo polaco de Wutz (non sei se se escreve asi) chamado Tadeus que traduciu a Rosalía ao polaco.
Xano Comentario por Xano o novembro 2, 2009 ás 9:51pm
Ola
Non podo contribuír á tradución porque vexo que aínda non teño permisos e a ligazón lévame á páxina inicial. En todo caso, que porcentaxe hai localizada en galego? Porque hai máis xente doutros espazos interesada: vede o comentario de María na ágora rede.
Saúdos
Cesar Pereira Gonzalez Comentario por Cesar Pereira Gonzalez o novembro 2, 2009 ás 8:17pm
Xa completei a tradución da primera folla de tradución do panel de administración, como se pode facer para por este web en dous idiomas?, é dicir , poder activar o Ingles para que ao entrar de a opcion de por galego,ingles, e tamen o español por se entra xente que non entende o galego ou se expresa mellor en castelán ;)
manuel meixide Comentario por manuel meixide o novembro 2, 2009 ás 11:00am
Ola Cesar, o teu amigo polaco xa está no grupo. No que falas das traducións, polo de agora o prioritario para o grupo é acabar de traducir o ning, ainda que as partes máis visibles xa están en galego, faltan cousas. No relativo aos links, a verdade é que hai milleiros deles moi interesantes, en todas as linguas, mais evidentemente hai máis en inglés. No que falas de traducir artigos ao inglés... podería ser interesante, se tivesemos artigos que merecesen difusión internacional, o que lamentablemente non é o caso, xa que temos o sitio practicamente baleiro... Por suposto, se ves algo que conven traducir, eres moi libre de facelo. Se te faltan privilexios para iso, non tes máis que pedilos. Saúde.
Cesar Pereira Gonzalez Comentario por Cesar Pereira Gonzalez o novembro 1, 2009 ás 10:16pm
Boas, eu quero aportar tamén o meu pequeno graninño de area , pero gustariame traducir ao ingles alguns articulos, ou intentar traducir o basico para a xente ques e agregue de afóra , por exemplo, coñecin nunha quedada a un polaco , que curiosamente é profesional nesta materia , comenteille deste site, e dixome que estaria encantado de aportar links , pero os vai a aportar en ingles.
Un saúdo
 

Membros (4)

manuel meixide Xosé Manoel Marcote Gil Xano Cesar Pereira Gonzalez
 
 

Verbo de

 

© 2010   Creado por manuel meixide en Ning.   Crear tu propia red social

Emblemas  |  Informar dun problema  |  Privacidade  |  Términos de servicio

Iniciar sesión en el chat